Aprende a cociñar na Coruña con Yoya Neira
Entrevistada por Reyes Rego, xornalista e delegada da TVG na Coruña, a concelleira de Benestar Social da Coruña, Yoya Neira, deléitanos cuns pratos sinxelos e asumibles para todas as persoas. Para comezar teremos unha magnífica torta quente, feita con ovos, porro, tomate, xamón, mozzarella e maionesa, e para rematar, unha deliciosa mousse de limón.