O programa Familia Educa naceu da colaboración entre Cáritas Interparroquial e a F. Amigó coa finalidade de dar apoio ás familias desfavorecidas, cuxos fillos e fillas precisan dun necesario acompaña- mento escolar.
Para isto contabamos cos locais cedidos pola parroquia de Nosa Señora do Pilar, sita no barrio coruñés do Ventorrillo. O mobiliario necesario para o desenvolvemento do programa procede da fundación KPMG, da súa delegación de A Coruña.
Así hoxe en día son atendidos pola tarde coa axuda de voluntarios de Cáritas e técnicas da Fundación Amigó 52 nenos que tentan superar as súas dificultades.
O mobiliario cedido consiste en mesas de estudo, estanterías, arquivadores, cajoneras e diverso material de oficina. Ademais recibiuse un despacho completo que se instalou nunha das parroquias da periferia coruñesa.
Agradecemos a Daniel Fraga, coruñés e socio- representante da fundación KMPG, a súa especial sensibilidade social e o interese por ter un maior coñecemento, así como novas vías de colaboración no futuro coa nosa entidade.