Dende o centro organizamos a iniciativa «1 kg = 1 libro» co obxectivo de unir o fomento da lectura, a convivencia e a solidariedade.
Para levala a cabo, o propio colexio achegou unha selección de libros.
O alumnado que desexaba participar simplemente tiña que traer un quilo de alimentos non perecedoiros destinados a Cáritas e, a cambio da súa achega, cada neno e nena puido elixir o libro que máis lle gustaba para levalo para a casa.
A campaña resultou ser un auténtico éxito. Fainos moi felices ver como os alumnos se ilusionaron coa lectura ao mesmo tempo que se concienciaban sobre a importancia de axudar a quen máis o precisa.
Virginia. Prof. CEIP Salgado Torres
