Fina Castro, ama de casa con moito talento para a cociña e estupendas receitas de aproveitamento de comida, elabora uns xurelos en escabeche, con guarnición de pataca e cabaciña; e patacas recheas de carne. A entrevista desta semana corre a cargo de Chus Castro, xornalista de Radio Galega e delegada en Coruña da APG. Como se achegan as festas, Fina preséntanos unha maneira sinxela, económica e elegante de montar unha mesa do Nadal para gozar as celebracións. Igualmente, a artista galega Xulia Ares, especializada en vidro fusionado, presenta as súas creacións nunha mesa de autora con moita personalidade e vida.