Nacen as xornadas “Aprende a Cociñar na Coruña”
Nelas participan 27 convidados do ámbito da restauración e representantes de institucións que exercerán de profesores. Entre eles estarán Pepe Solla, Pablo Gallego ou a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.
As clases comezan en maio e realizaranse os martes de cada mes na aula de cociña de Cáritas.
Cociñeiros de prestixio e representantes de diferentes institucións e do mundo da cultura, do deporte e da economía participarán en “Aprende a cociñar na Coruña”, unha iniciativa impulsada por Cáritas que busca elaborar menús saudables cos ingredientes que recibe a institución benéfica.
O obxectivo é que as persoas inmigrantes que acoden aos diferentes centros que Cáritas ten en Galicia coñezan e a aproveiten as posibilidades da nosa cociña.
A ese cometido axudarán chefs da talla de Pepe Solla, Pablo Gallego ou Xoaquín Ameixeiras, pero tamén persoeiros menos coñecidos entre os fogóns como a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o barítono, Borja Quiza, o actor Luis Iglesia, o presidente do Deportivo, Antonio Couceiro, ou a campioa de boxeo Marta Brañas. En total, 27 convidados acompañados doutros tantos xornalistas que exercerán de profesores nestas xornadas de cociña que Cáritas organizará os martes de cada semana, de maio a decembro, exceptuando o mes de agosto.
A inauguración das xornadas será o martes 4 maio e correrá a cargo da presidenta de Cáritas da Coruña, Pilar Farjas, que, ademais, dará a coñecer o traballo que a institución vén realizando, especialmente, durante este ano de pandemia.
A presentación da iniciativa, que conta co apoio de Afundación e da Deputación e do Concello da Coruña, será o venres 30 de abril ás 11h na sede de Cáritas Interparroquial (Praza Recife, 1, A Coruña)
Nacen as xornadas “Aprende a Cociñar na Coruña”
- Nelas participan 27 convidados do ámbito da restauración e representantes de
institucións que exercerán de profesores. Entre eles estarán Pepe Solla, Pablo Gallego ou
a alcaldesa da Coruña, Inés Rey. - As clases comezan en maio e realizaranse os martes de cada mes na aula de cociña de
Cáritas.
Cociñeiros de prestixio e representantes de diferentes institucións e do mundo da cultura, do
deporte e da economía participarán en “Aprende a cociñar na Coruña”, unha iniciativa impulsada
por Cáritas que busca elaborar menús saudables cos ingredientes que recibe a institución benéfica.
O obxectivo é que as persoas inmigrantes que acoden aos diferentes centros que Cáritas ten en
Galicia coñezan e a aproveiten as posibilidades da nosa cociña.
A ese cometido axudarán chefs da talla de Pepe Solla, Pablo Gallego ou Xoaquín Ameixeiras, pero
tamén persoeiros menos coñecidos entre os fogóns como a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o barítono,
Borja Quiza, o actor Luis Iglesia, o presidente do Deportivo, Antonio Couceiro, ou a campioa de boxeo
Marta Brañas. En total, 27 convidados acompañados doutros tantos xornalistas que exercerán de
profesores nestas xornadas de cociña que Cáritas organizará os martes de cada semana, de maio a
decembro, exceptuando o mes de agosto.
A inauguración das xornadas será o martes 4 maio e correrá a cargo da presidenta de Cáritas da
Coruña, Pilar Farjas, que, ademais, dará a coñecer o traballo que a institución vén realizando,
especialmente, durante este ano de pandemia.
A presentación da iniciativa, que conta co apoio de Afundación e da Deputación e do Concello da
Coruña, será o venres 30 de abril ás 11h na sede de Cáritas Interparroquial (Praza Recife, 1, A
Coruña)