Don Francisco José Prieto Fernández, bispo auxiliar da nosa diocese, manifestou o seu interese por coñecer o labor e as diferentes dependencias de Cáritas Interparroquial de Coruña.
E así o 11 de maio deste mes puido realizar a visita acompañado pola directora da Interparroquial, Pilar Farjas. Iniciouse esta polo centro de formación e inserción laboral Violetas no Barrio das Flores, a continuación polas Vivendas Comunitarias , oficinas de Atención Primaria e economato de Reis Magos, todos eles sitos no Barrio da Sagrada Familia.
Durante o recorrido don Francisco José tivo a oportunidade de falar con participantes dos nosos servizos tanto das Vivendas como do economato e ademais escoitar o desenvolvemento de programas que lle manifestaron os traballadores técnicos así como as impresións do voluntariado que alí estaba.
Finalmente a visita rematou na sede central da praza de Recife onde mantivo unha cordial reunión coa comisión permanente na que tamén estivo presente o consiliario da entidade, Manuel Alvite.