Este pasado martes, Día dás Letras Galegas, celebrouse no Coliseum o anunciado Concierto Solidario en beneficio de Cáritas Interparroquial da Coruña. Todo un éxito de público.
Gozamos coa actuación dos Satétites, Silvia Penide, Merchy Treviño e Sito Sedes. Colaborou ao éxito do evento o humor de Paco Lodeiro, Marcos Pereiro e Kiko Novoa; a profesional presentación de Marcial Mouzo; e a colaboración de Isabel Bravo e Luís Llera, que debullaron o libro que recolle as receitas das xornadas “Aprende a cociñar na Coruña”. Algún dos prestixiosos cociñeiros que interviñeron coa súa arte culinaria na elaboración deste libro, estiveron presentes na gala.
Grazas a cada un deles, á RTVG e, dun modo especial, a Chus Castro, alma mater desta iniciativa.
¿Volverase a repetir en próximos anos, como pediron algúns dos colaboradores?