O alumnado do colexio Santa María del Mar quixo ter unha mostra de cariño cos participantes do Proxecto Acompáñote, persoas maiores que viven en soidade na cidade da Coruña. Para eles elaboraron emotivas e personalizadas postais onde lles desexan un moi bo e feliz Nadal e un ano novo cargado de amor e saúde.
O equipo técnico e voluntariado de Acompáñote agradece de corazón esta aportación de amor e solidariedade da xente nova cos maiores.